A Asociación de Veciños do San Ramón organiza o domingo a Harry Potter Party

A Asociación de Veciños do barrio de San Ramón, organiza, coma nos últimos anos, a Harry Potter Party. Este ano será de formato máis reducido, cun concurso de disfraces e un concurso de cabazas.

Esta festa non ten límite de idade. A súa única finalidade é pasalo ben e congregar ós fans desta saga literaria coñecida a nivel mundial.

AVANTAR ACTIVIDADES

O 4º Encontro Literario Ourensán 2021, terá lugar este sábado, no restaurante Derby do Carballiño, dende as 10:00 ata as 13:00 horas e das 15:30 horas ata 20:30 horas. Despois da pandemia, o evento contará cunha trintena de escritores, ademais de debates e mesas coloquio.

Esta edición está enfocada en Harry Potter, nomeando a cada unha das mesas co nome dunha das casas desta saga. Será de entrada libre para todos e inclúe novidades.