A Asociación Española Contra o Cancro conmemora este sábado o Día Mundial Contra o Cancro de Mama na localidade do Carballiño

  • A Asociación Española Contra o Cancro fai unha chamada social para correxir a inequidade que provoca o cancro de mama. Foron 33.835 persoas diagnosticadas en 2020 , no que 272 casos novos se deron na provincia de Ourense e 2233 se deron en toda Galicia.
  • Mañá a mesa informativa contra o cancro de mama estará colocada na localidade do Carballiño, na Praza Maior, de 11 a 14h.
    Nas semanas anteriores, os voluntarios e voluntarias estiveron presentes tamén na cidade de Ourense, en Ribadavia, A Rúa, O Barco de Valdeorras, Xinzo e Verín.

  • A Asociación vende participacións de loteria de Nadal par obter fondos Pode adquirirse nos seguinte establecementos:

– Todas as farmacias do Carballiño

AVANTAR ACTIVIDADES

– Farmacia Boboras

– Farmacia Maside

– Autoservicios Pereira (Julito Pereira)

– Alimentación Fontaiñas

– Peluquería Paris

– Peluqueria Maria Estilismo


  • O cancro de mama provoca vulnerabilidade laboral no 15% de persoas con esta enfermidade.
  • Segundo o estudio da Asociación  “Toxicidade financieira do cancro de mama”, o 34% das enfermas perdeu o seu traballo debido á enfermidade.

  • O 70% das mulleres con cancro de mama perdeu o seu salario ou case todos os seus ingresos.

  • Un 45% das mulleres con cancro atendidas pola Asociación foron nos servicios de atención psicolóxica.

  • A Asociación vende unha serie de produtos solidarios para “sacar peito por elas”.

 Con motivo da conmemoración do día Mundial Contra o Cancro de Mama que cada ano ten lugar o 19 de outubro, voluntarios e voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense colaborarán mañá na concienciación desta enfermidade a través dunha mesa informativa na localidade do Carballiño, na Praza Maior, en horario das 11.00 ás 14.00 horas.

A Asociación Mundial Contra o Cancro de Mama volve lanzar a campaña “Saca pecho” e pon de manifesto que o cancro de mama fai máis vulnerables ás mulleres que padecen esta enfermidade.

A organización fai unha chamada social para correxir a inequidade que provoca o cancro de mama, do que se diagnosticaron 33.835 novos casos en 2020 en España:  272 casos novos na provincia de Ourense e 2233 en toda Galicia. Esta enfermidade provoca unha situación de extrema vulnerabilidade económica e laboral para o 15% das mulleres.

A vulnerabilidade da muller con cancro de mama

O cancro é igual para todas as persoas, pero non todas as persoas son iguais fronte ao cancro. No estudio da Asociación Española Contra o Cancro “Toxicidad financiera en el cáncer de mama”,  esta afirmación evidente xa que estímase que un diagnostico con cancro de mama xera, de media, entre gastos directos e perda de ingresos, 41.814 € durante a enfermidade. Así, unha muller con cancro de mama ten uns gastos directos de 9.242 € e unha perda de ingresos de 32.578 € durante a enfermidade.

Se no momento do diagnóstico, a muller está en paro, cobra un salario por debaixo do mínimo interprofesional ou é autonoma, a situación vese agravada provocando que o 15% das diagnosticadas pasen a entrar nun estado de vulnerabilidade laboral. O estudio tamén sinala que un 34% das enfermas perdeu o seu traballo ou viuse obrigada a deixalo a causa da enfermidade: o 70% perdeu o seu salario ou case todos os seus ingresos e preto do 36% veuse na obriga de perder 11 meses de traballo.

O cancro de mama é o segundo máis frecuente, detrás do cancro de colon e seguido do cancro de próstata, afecta actualmente a 33.835 persoas en España e xera desigualdade á hora de enfrontarse á enfermidade. Correxir esta inequidade é o obxectivo da Asociación, implicando a toda a sociedade e traballando por dar reposta ás necesidades das persoas máis vulnerables debido á enfermidade.

Saca peito polas máis vulnerables #SACAPECHO

Nesta nova edición, a Asociación volve “sacar peito” polas mulleres máis vulnerables. A campaña está orientada a sinalar o agravamento da vulnerabilidade que provoca un diagnóstico de cancro na muller. Ademais, a Asociación tamén pide axuda á sociedade para seguir dando servizos e chegar a máis mulleres con extrema vulnerabilidade a través dos seus servizos gratuítos de atención social, psicolóxica e orientación sanitaria. 

Durante o ano 2020, a Asociación Española Contra o Cancro atendeu a máis de 23.000 mulleres con cancro de mama, das cales case 6.000 foron a través dos seus servizos gratuítos de atención social, onde se inclúe orientación laboral, axudas económicas, asesoramento legal ou préstamo de material ortoprotésico;  máis de 10.000 nos seus servizos de atención psicolóxica, o 45% do total, e o resto nos  distintos programas que pon a disposición das persoas con cancro de maneira gratuíta a organización. 

Produtos solidarios para apoiar ás mulleres con cancro de mama

Con motivo da campaña “Saca peito”, a Asociación, a través da súa tenda en liña, pon a a venda artigos solidarios cuxa recadación vai destinada aos programas de atención psicolóxica e social para pacientes e as súas familias; e a fomentar a investigación en cancro de mama. 

A solidariedade de todos permitirá prestar máis servizos ás mulleres máis vulnerables fronte ao cancro de mama para cubrir as súas necesidades e garantir que se enfrontan ao cancro coas mellores condicións. 

Unha nova marca para unha nova realidade social

A Asociación Española Contra o Cancro, consciente dos cambios producidos na sociedade e nas persoas afectadas por cancro, decidiu adaptar e cambiar con elas para adaptarse a esta nova realidade e defender os seus dereitos para facerlle fronte ao cancro desde a igualdade de oportunidades.   

O cancro é igual para todos, pero non todas as persoas son iguais fronte ao cancro. Esta é unha realidade que necesita dunha transformación social para lograr equidade para previr o cancro, vivir con el e acceder aos resultados da investigación independentemente do lugar de residencia ou o nivel socioeconómico.   

A nova marca da Asociación quere reflectir o que realmente é a organización: unha organización próxima, profesional, dinámica e independente que traballa porque todas as persoas sexan iguais fronte ao cancro. 

A Asociación, 68 anos de experiencia na loita contra o cancro

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) é a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 68 anos. Dedica os seus esforzos a mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e poñer en marcha un proceso de transformación social que permita corrixilas para obter unha abordaxe do cancro integral e multidisciplinar. No seu ADN está estar ao lado das persoas polo que o seu traballo tamén se orienta a axudalas a previr o cancro; estar con elas e as súas familias durante todo o proceso da enfermidade, se llelo diagnostican; e mellorar o seu futuro co impulso á investigación oncolóxica. Neste sentido, a través da súa fundación científica, a Asociación aglutina a demanda social de investigación contra o cancro, financiando por concurso público programas de investigación científica oncolóxica de calidade. Hoxe en día, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 79 millóns de euros en 400 proxectos, nos que participan máis de 1000 investigadores.

A asociación integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar e acompañar as persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Estruturada en 52 sedes provinciais, e presente en máis de 2000 localidades españolas, conta con case 30.000 persoas voluntarias, máis de 500.000 socios e 1007 profesionais. 

Durante o 2020, a Asociación Española Contra o Cancro atendeu  105.196 persoas afectadas pola enfermidade.