O BNG demanda a rehabilitación do conservatorio municipal.

Sofía García advirte do perigo que supón para nenos e nenas posibles desprendementos de elementos arquitectónicos do conservatorio do Carballiño.

A voceira municipal do BNG  no concello do Carballiño, Sofía García, ven denunciando desde hai xa dous anos ante o concello  a situación na que se atopa o edificio do conservatorio municipal do Carballiño e o perigo que supón para os nenos e nenas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tal como indica a voceira nacionalista ” hai  lousas en diferentes caras do edificio que caeron e outras están ao caer, tamén hai fiestras rotas nas aulas, e é evidente que é moi perigoso sobre todo para os máis cativos”.

Levamos denunciando esta situación ante o concello , dí García,  desde hai dous anos e a resposta dos responsables municipais sempre é a mesma, “que xa van comezar as obras”, porén as obras non comezan e a situación continúa agravándose cun deterioro cada vez máis evidente.

Desde o grupo municipal do BNG do Carballiño esiximos a reparación do conservatorio municipal por constituír  unha situación de perigo inminente que non se pode consentir.