Mércores, día 3 ás 20:00 h presentación do libro: “O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística”

Este mércores 3 de novembro, ás 20:00 h, na Fundación Vicente Risco en Allariz  presentaremos o libro “O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística”, de Iria-Friné Rivera Vázquez, publicado pola noso selo editorial Dr. Alveiros.

O libro conta cun prólogo do neto de Camilo Díaz Baliño, Xosé Díaz. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A vida e obra de Camilo Díaz Baliño están entrelazadas. Como personalidade artística adquiríu unha dimensión histórica, enraizando coa tradición e vangarda dos anos 20 e 30. As imaxes que concibíu nelas plasmou a Historia, a literatura e a cultura galega nunha linguaxe simbólica na que o épico e o poético danse a man. A transcedencia do seu legado viuse no que deixou as seguintes xeracións ata a actualidade.