O Carballiño incrmenta de xeito leve os contaxios ata os 10 casos activos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca do Carballiño conta hoxe con 12 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, suma hoxe un contaxio, para un total de dez casos activos. Boborás, que tiña dous casos, baixa a un so contaxio. San Cristovo de Cea rexistra hoxe un contaxio novo. Ribadavia, Cenlle, Leiro e Avión contan cun caso activo cada un.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 27 contaxios, un ritmo de novos positivos que se reduce na metade. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 530, 25 máis ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 6 están en UCI e 24 en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 5 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 115 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 7  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (+1)  na UCI.