A Mancomunidade Carballiño-Ribeiro presenta en xantar o potencial das comarcas

Esta mañá, desprazáronse ata Expourense o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e os concelleiros de Turismo e Comercio, Manuel Dacal e Silvia Baranda, respectivamente. Visitaron o stand da mancomunidade turística O Ribeiro-O Carballiño, na feira gastronómica Xantar, que comeza hoxe, con gran protagonismo da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, representados polo seu presidente, Roberto Pereira. Ademais, tamén se pon en valor o potencial enogastronómico, con gran variedade de viños.