As empresas da área industrial reciben productos fronte a covid

Nas últimas semanas, froito do Convenio de Colaboración co Concello do Carballiño, a Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño (AICA) levou a cabo o reparto de material covid ás empresas do polígono industrial, así como a aquelas outras de carácter industrial da contorna, co obxectivo claro de axudalas a afrontar estes tempos tan atípicos e duros para a economía.

Foron distribuídos máis de 15.000 produtos entre os que destacan máscaras, xeles, xabóns, luvas e desinfectantes.

AVANTAR ACTIVIDADES