O Carballiño e O Ribeiro incrementan as cifras do paro no mes de outubro

Os datos do paro deixan un alivio a nivel autonómico, con sete meses consecutivos de caída das cifras do paro, a pesar de que este mes sofre un lixeiro incremento.

Por outra parte, na nosa contorna, o paro subiu no Carballiño con respecto ó pasado mes en 21 persoas, pasando ós 1.453 desempregados. A capital rexistra 34 parados máis, mentres que pola contra, lideran a creación de emprego Piñor, con 12 parados menos e San Cristovo de Cea, con 7 persoas menos na lista do paro.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, tamén sobe o paro, en 23 persoas con respecto ó pasado mes, contando a día de hoxe con 807 desempregados. Cenlle lidera esta táboa con 15 persoas máis sen emprego, seguido de Ribadavia, con 9 persoas. Por outra banda, Arnoia e Cortegada son os concellos que máis descenden, con 4 persoas menos no para en cada un.