O Centro Sociocomunitario retoma a súa actividade de xeito paulatino

https://youtu.be/6S52qAxH_ss

O Centro Sociocomunitario do Carballiño puxo en marcha de novo as actividades físicas como ximnasia de mantemento de ioga, Pilates e Zumba. Polo momento a capacidade é de 10 persoas por actividade, para cumprir cos aforos derivados das medidas sanitarias actuais. Esta actividade retomouse no mes de outubro, logo do parón abrigado pola pandemia.

No mes de febreiro retomaron a actividade presencial, pero con servizos moi limitados. Dende ese momento, a pandemia permitiu ir volvendo á normalidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O director do centro falounos hoxe de como foi este proceso, resaltando que á xente aínda lle costa retomar a actividade, para o que anima a todos xa que o seu protocolo é seguro.