O delegado da Xunta reúnese co novo alcalde de San Amaro

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez, trala súa recente toma de posesión, co que analizou as principais demandas deste concello e estudou as posibles vías de colaboración coa Administración autonómica.

O rexedor amosou o seu interese en iniciar a tramitación da aprobación do Plan Básico Municipal, co obxecto de dar solución aos problemas urbanísticos existentes, así como pola mellora en materia de saneamento e abastecemento. Neste senso, compre sinalar que este concello foi beneficiario ao 100% de dúas subvencións por importe de máis de 70.000 euros para mellora do abastecemento así como a conexión da rede de saneamento de Viñas á rede de Casas Novas.

AVANTAR ACTIVIDADES