A Ruta das Tapas ofece pratos de Canarias en 17 locais hostaleiros do Carballiño

A hostalaría e o concello do Carballiño puxeron en marcha unha nova edición da Ruta das Tapas, logo de verse obrigados a paralizalo a causa da pandemia. Un total de 17 establecementos participan nesta edición, que terá lugar o primeiro venres de cada mes, cun custo, coma sempre, de dous euros. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, estivo hoxe nesta presentación, destacando este evento como unha oportunidade de axudar á reactivación. Destacou que esta edición dedícase a Canarias, como xesto de solidariedade ante a situación que están a vivir.

Nesta ruta das tapas tamén se conta ca colaboración do Centro Comercial Aberto. Noelia Mares, xerente do CCA, animou a todos a saír á rúa a desfrutar desta reactivación. E tamén dende a bodega Pazo Tizón, colaboradora oficial, representada por Raquel Cabo.

AVANTAR ACTIVIDADES


Os locais participantes este ano son O Fuchela, Roraima, Casa Gazpara, Loft27, Estate Quieto, Bohemian, Fass, Caserío, Don Paco, Parrillada San Andrés, Pituxo, Plaza, Ernesto, Bodeguilla, Lusco e Fusco y O Curruncho. Todos eles presentaron hoxe a súa tapa.