O concello publica as bases das axudas para asociacións veciñais

O concello do Carballiño publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia, as bases para regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións de veciños do Concello, destinadas á execución de obras de investimento e gastos correntes de funcionamento dos locais sociais.

Os requisitos para solicitalas son estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia e no Rexistro de Asociacións do Concello do Carballiño; estar ao día coas obrigas tributarias e posuír a titularidade do local social.

AVANTAR ACTIVIDADES

O importe total asignado no Orzamento municipal que se destina a esta finalidade ascende a 10.000 euros. O máximo que se poderá percibir será para gastos de investimento: 1.000 € e para gastos correntes de funcionamento: 600€. Dende hoxe, establécense 15 días hábiles para a súa presentación.