Tiruleque pecha a Mostra de Teatro Amador ca estrea de “Soutelo Enterprise”

A XIV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, patrocinada pola Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño, pecha a súa actividade nesta din de semana coa actuación da compañía local TIRULEQUE, Grupo de Teatro, que estrea a traxicomedia “SOUTELO ENTERPRISE”. 

Toda a obra desenvólvese nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, onde o magnate Ramiro Soutelo,  medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os pases serán o sábado e o domingo, ás 20:30 horas no Auditorio Manuel María, cun prezo de 5 € por entrada.