O BNG non participará na chantaxe de Jácome

Os nacionalistas lembran que non só non racharon ningún pacto senon que son fieis ao acordo acadado ao inicio do mandato, sendo a única organización que ao longo destes meses non foi ao despacho de alcadía, pola porta de atras, para cambalachear

O Grupo Municipal do BNG denuncia que “o venres pasado, no pleno, o alcalde amosou a súa peor versión. Aos habituais insultos e decualificacións persoais, algo habitual por outra banda, sumou a vendetta e as ameazas veladas”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O portavoz municpal Luis Seara denuncia que “Jácome acusou aos Grupos Municipais de rachar o pacto”, e engade, “é curioso que o primeiro que rachou o pacto, subindo de 14 a 27 o numero de persoal eventual e convertendo o concello nunha sorte de axencia de colocación, lembramos que ao longo destes meses teñen pasado 40 persoas, nos acuse aos demais”.

O BNG deixa claro que non só non rachou ningún pacto senon que “é fiel ao acordo acadado ao inicio do mandato, sendo a única organización que ao longo destes meses non foi ao despacho de alcadía, pola porta de atras, para cambalachear”.

“Nós non imos participar dester mercado persa no que o alcalde pretende converter o concello. Asistiremos cando nos chame para falar das cousas do concello que afecten ao interese público, ao interese xeral, como xa fixemos cando se nos chamou para falar, por exemplo, do PXOM”.

Por último, desde o Grupo Municipal do BNG pídenlle a Jácome que deixe de comportarse “como ao neno ao que lle quitan o xoguete” e que se centre no seu labor de alcalde para sacar a Ourense da situación de caos e parálise na que a ten sumida.