Xornadas Abertas de “emprendOU” en Boborás o martes 9 de novembro

Tes entre os 16 e os 30 anos e queres emprender no rural?? Pois a Deputación de Ourense brindache unha oportunidade de ouro a través do programa EmprendOU. Para concellos de menos de 5.000 habitantes.
Se estás interesado en recibir información, o martes 9 de novembro, ás 19.00 h, haberá unha charla informativa no Centro Sociocultural Manuel Chamoso Lamas de Boborás (detrás do cole).
Anímate a participar!!!

Charla informativa dirixida a todos os mozos e mozas da comarca do Carballiño entre os 16 e 30 anos.
As axudas para emprender a través do programa Reto Demográfico EmprendOu da Deputación de Ourense son de ata 8.100 euros, 675 euros por mes e ata 12 meses.
Hai moitos campos nós que emprender no rural e esta é unha boa axuda para facelo!
A reunión é mañá martes día 9 de Novembro, ás 19.00 h no edificio sociocultural do Concello de Boborás.
Compartide esta información entre as persoas que poidan estar interesadas!

AVANTAR ACTIVIDADES