A Deputación destina 50.000 euros para gastos de funcionamento da Mancomunidade

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de máis de 430.000 euros en subvencións para o emprego, cooperación cos concellos e entidades.

En materia de cooperación coas entidades locais, aprobouse unha axuda de 50.000 euros a favor da Mancomunidade de municipios da comarca do Carballiño para gastos de funcionamento; preto de 20.000 euros para Avión con destino á instalación dun areeiro; e San Cristovo de Cea contará con 25.000 euros para a reparación e mellora da depuradora de augas pluviais do núcleo de Cea.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por último, a aprobación dunha axuda de 80.000 euros a favor da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos, en Ribadavia, para gastos de funcionamento.