A Deputación destina máis de 430.000 euros a emprego e cooperación con concellos

Videoconferencia da Xunta de Goberno. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e Vicesecretario da Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 A xunta de goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente Rosendo Fernández, aprobou a concesión de máis de 430.000 euros en subvencións que irán dirixidas aos ámbitos do emprego, cooperación cos concellos e entidades.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En materia de cooperación coas entidades locais, na orde do día figuraba a aprobación dunha axuda de 50.000 euros a favor da Mancomunidade de municipios da comarca do Carballiño para gastos de funcionamento; 73.000 euros ao Concello de Allariz para cofinanciar un proxecto do IDAE de eficiencia enerxética; preto de 20.000 euros para Avión con destino á instalación dun areeiro; 8.000 euros a Cartelle para o Trofeo Internacional de Fútbol Sala feminino; e 54.000 euros a Muíños para a mellora da pasarela do complexo turístico e deportivo do Corgo. Ademais, o Concello de Paderne de Allariz recibiu o visto bo a dúas achegas de 48.000 euros cada unha delas para o saneamento nas inmediacións do antigo centro de saúde e no lugar de Batoca, así como para o remate dos vestiarios do campo de fútbol; Riós disporá de case 10.000 euros para a mellora do abastecemento de Za; e San Cristovo de Cea contará con 25.000 euros para a reparación e mellora da depuradora de augas pluviais do núcleo de Cea. 

A Xunta de Goberno tamén concedeu dúas subvencións dentro do programa “emprendOU” para proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico. As achegas, cun valor máximo cada unha delas de algo máis de 8.500 euros, terán como beneficiarios dous proxectos relacionados coa construción e servizos de estética a desenvolver nos concellos de Ramirás e Celanova. 

Por último, sinalar ademais a aprobación dunha axuda de 80.000 euros a favor da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos, para gastos de funcionamento.