A Sociedade Filatélica escolle a igrexa de Sagra para o selo deste ano

O Liceo de Ourense acolle a exposición filatélica que cada ano organiza a Sociedade Filatélica Miño con motivo da celebración do San Martiño, patrón da cidade de Ourense.

Tamén como acontece en cada convocatoria a Miño presentou este luns o selo dedicado a unha das igrexas da provincia que están vencelladas á devoción polo santo de Tours. Neste 2021 a elixida foi a igrexa de San Martiño de Sagra, en O Carballiño, e o Concello agradeceu a decisión pola escolla.

AVANTAR ACTIVIDADES

O selo, o sobre co retablo de San Martiño de Sagra e o mataselos correspondente, no que se fai constar a data, servirán para espallar a imaxe da parroquia de Sagra, e do Carballiño por extensión, a través do correo postal.