A Xunta estuda financiar o equipamento da vivenda comunitaria de Carballeda de Avia

Publicidade ASPADISI

A XUNTA ESTUDA FINANCIAR O EQUIPAMENTO DA VIVENDA COMUNITARIA DE CARBALLEDA DE AVIA PARA QUE O CONCELLO A POÑA CANTO ANTES EN FUNCIONAMENTO

O delegado territorial de Ourense, Gabriel Alén, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez visitaron hoxe o inmoble

HIPER MASIDE

O obxectivo é desbloquear a situación desta infraestrutura de titularidade municipal que, anos despois da súa construción, a Administración local aínda non puxo en marcha

A Xunta estuda a posibilidade de financiar o equipamento da vivenda comunitaria de Carballeda de Avia, co fin de que o Concello a poña en funcionamento coa maior brevidade posible. Así o anunciou hoxe o delegado territorial do Goberno galego en Ourense, Gabriel Alén, durante unha visita a esta infraestrutura de titularidade municipal na que estivo acompañado do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, máis do alcalde da localidade ourensá, Luis Milia.

O delegado territorial e o xerente do Consorcio trasladaron ao rexedor carballedés a boa disposición da Administración autonómica para desbloquear a actual situación na que se atopa a vivenda comunitaria que, anos despois da súa construción, o Concello aínda non puxo en marcha.

Con este obxectivo, a proposta do Executivo galego é sufragar, mediante un convenio de colaboración entre o Consorcio e o Concello, a adquisición do mobiliario, enxoval e demais equipamento que precisa o devandito inmoble para que poida abrir as súas portas canto antes. Deste xeito, a Xunta atende unha solicitude que no seu día fixo o alcalde de Carballeda de Avia.

Gabriel Alén e Perfecto Rodríguez destacaron a importancia da colaboración entre administracións. Tamén subliñaron o compromiso do Executivo galego de favorecer uns servizos e unha atención de calidade e de proximidade ás persoas maiores que viven en concellos pequenos e de carácter rural.