Deteñen a dous mozos do Carballiño por facerse pasar por Gardas Civís para roubar en casas

A Garda Civil do Carballiño detivo a dous veciños do municipio de 23 e 21 anos como presuntos autores dun delito de usurpación de funcións, un delito de prevaricación, dous delitos de lesións e un de danos. A detención tivo lugar tras unha denuncia presentada por dous veciños do Carballiño, na que denuncian agresións no interior da súa vivenda e danos no mobiliario cando, tras petar na porta do domicilio dos denunciantes, se identifican como gardas civís coa intención de buscar cartos.