O concello abre o prazo de inscripción para a escola de xadrez para adultos

O concello do Carballiño abre o prazo de inscrición para adultos da Escola Municipal de Xadrez. As clases serán os venres de 20,00 horas a 21,00 horas, no auditorio, e o prezo de curso son 12€. Para obter máis información e inscricións pódese consultar na Área de Deportes do concello.

A sección de infantil desta escola xa comezou as clases con 12 alumnos e alumnas, tamén os venres, pero de 19,00 horas a 20,00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES