A libraría Goyma, única adherida ó Bono Cultura da Xunta de Galicia

O secretario xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo, visitou hoxe a libraría Goyma de Ribadavia. Trátase do único establecemento do municipio que se adheriu ó Bono Cultura promovido pola Xunta de Galicia. O secretario xeral agradeceu a colaboración de Gonzalo Dávila Pérez, o xerente do establecemento, pola súa implicación a prol da cultura, e destacou hoxe na súa visita a importancia das librarías, no seu día.

Dende o concello, achegouse tamén a esta visita a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Destacou Rodríguez que, dende o concello, puxeron en marcha este ano unha serie de descontos polo Día das Letras Galegas e tamén polo Día do Libro. A finalidade destas propostas é a de fomentar o hábito lector, sobre todo entre os máis pequenos e os mozos, e tamén dar un pulo ó comercio local.

AVANTAR ACTIVIDADES