O cine de Leiro proxecta esta fin de semana “Eternals”, protagonizada por Angelina Jolie

Publicidade ASPADISI

O Cine de Leiro renova a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrecerá un único filme, de ciencia ficción. Trátase da película “Eternals”, estreada este ano e protagonizada por Agelina Jolie. Os “Eternals” son unha raza de seres inmortais con poderes sobrehumanos que viviron en segredo na Terra durante miles de anos. Aínda que nunca interviñeron, agora unha ameaza asoma sobre a humanidade.

O filme poderase ver este venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e ás 19:30 horas, e o luns e xoves próximos, ás 19:30 horas.

HIPER MASIDE


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO