O concello do Carballiño e a Policía Local convocan ós veciños da Rúa Rega a unha reunión. Este encontro terá lugar o próximo mércores, día 17, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura. Segundo o bando municipal que comunica esta reunión, o punto a tratar é a colocación dun pivote e outros temas relacionados.
Nos últimos anos houbo moita polémica en torno a esta problemática. Os bolardos quedaran instalados no ano 2018 mediante un acordo cos veciños. Pero nunca chegaron a estar en funcionamento. Como solución para evitar os estacionamentos, o concello instalaba varios bancos e xardineiras, deixando ós veicños insatisfeitos. Espazo Común pediu nos últimos meses en varias ocasións que o concello cumprise co acordado.
Nese pleno do mes de febreiro, o alcalde repasaba as melloras que incluía o proxecto desa rúa, así como afirmaba que era necesaria unha reunión cos veciños para acordar o funcionamento do bolardo, ruenión que terá lugar a próxima semana.