O Concello ven de instalar un video marcador no pavillón de Ribadavia

Foi posible grazas ao Convenio de cooperación entre o Concello de Ribadavia e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Este vídeo – marcador permite importantes vantaxes para as competicións deportivas, tales como axuda nas arbitraxes, presentacións de xogadores, megafonía, reprodución de vídeo e imaxe. Pode utilizarse como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria, ou como soporte audiovisual para calquera outro evento non deportivo. Así, os días que non haxa competicións nin adestramentos, este Vídeo Marcador poderá servir tamén para outro tipo de actividades.

AVANTAR ACTIVIDADES

Conta con unha Pantalla led deportiva de 10 m², de tecnoloxía de última xeración destinada para uso en espazos interiores aínda que debido as súas características de elevada luminosidade e alto grado de protección IP tamén permitirá a súa utilización en ambientes exteriores.

Funcionará a través dun software deportivo e multimedia a través dun Ordenador de control central, e dispón dunha homologación para todas as competicións nacionais e internacionais.

Outra das vantaxes é o seu baixo consumo, o que supón un importante aforro enerxético.

O persoal da Concellaría de Deportes realizou un curso de formación para o seu funcionamento a través da empresa Mondo, que foi a encargada da súa instalación.