Os hostaleiros aplauden o uso da barra e o aforo do 100% para reactivar o outono

Fai apenas unhas semanas, Sanidade e a Xunta de Galicia decidían dar un paso máis cara a nova normalidade eliminando as últimas restricións sobre todo no sector da hostalaría. Así, recuperábase o consumo en barra e tamén os aforos, que xa poden ser do 100%. A pesar de que isto chega nunha época baixa para o sector, os hostaleiros amósanse satisfeitos de poder recuperar estas funcións.

O mes de novembro segue a ser un mes de pouco movemento, esperando repuntar a asistencia de cara ó Nadal. Aínda así, algúns aseguran que se están recuperando cifras previas á pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, para dar un pulo, dende o concello do Carballiño en colaboración co sector, decidiron retomar a Ruta das Tapas, evento paralizado a causa da pandemia. Os primeiros venres de mes, 17 locais ofrecen por dous euros un picho, neste caso con orixe nas Illas Canarias. Esta iniciativa amósase coma unha reactivación, animando á xente e dando vida ó municipio.