A Insua dos Poetas organiza un magosto infantil no que achegará aos máis novos a lingua propia e a xeración Nós

A Fundación Insua do Poetas, en colaboración coa Deputación de Ourense, celebrará o domingo, 14 de novembro, un magosto infantil no espazo natural e cultural da Esgueva (Madarnás, O Carballiño), que tamén servirá para achegar aos máis novos á lingua propia e, sobre todo, a conmemoración do 101 aniversario da publicación do primeiro número da revista Nós. 

A tradicional festa do San Martiño comezará ás 16.30 da tarde e incluirá actuacións musicais a cargo de Chuches Amil, Antonio Luz e o o grupo ToKaide, así como tamén coa animación de DjTibu e atraccións. No capítulo gastronómico non faltarán as típicas viandas do masgosto: castañas, chourizos ou bica. 

AVANTAR ACTIVIDADES