Galicia rexistra 123 contaxios novos nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 123 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa lixeiramente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 993, case un centenar máis con respecto a onte. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 11 (=) están en UCI e 37 (+2) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 38 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 259 casos activos, 30 máis ca onte. Os hospitais hoxe presentan 14 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES