O Bono Cultura enriquece a venta de libros nas librarías do Carballiño

O Día da Libraría busca volver a impulsar a España no hábito da lectura e as librarías como un centro no cal promover e enriquecer a cultura. Neste día, as librarías transfórmanse nun centro de entretemento, con actividades como conta contos, mesas redondas, tertulias, concursos e actividades varias. Uns anos atrás, púxose en marcha un concurso que busca que os españoles compartisen a súa librería favorita ca posibilidade de entrar no sorteo dun cheque para gastalo nela.

No Carballiño, o hábito lector está bastante afianzado. Sumado a eso, está tendo moi boa acollida a inversión en libros do Bono Cultura, entre outras axudas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os máis pequenos tamén están bastante implicados, cunha ampla variedade de libros para as diferentes idades, e con predominio tamén no cómic.

Por outra banda, estivemos tamén en Ozoco, unha libraría diferente que aglutina tamén outras ramas da cultura coma o deseño. O seu balance é moi positivo a pesar de que abriron en 2019.