O Psdeg-Psoe de Ourense recibe o apoio do Psoe de Puebla de Sanabria

O Psdeg-Psoe de Ourense recibe o apoio, ánimo e solidariedade do Psoe de Puebla de Sanabria, nunha recepción encabezada polo seu alcalde José Fernández

Os socialistas ourensáns aproveitaron para trasladarlle aos seus homólogos sanabreses un dossier explicativo sobre a repartición caciquil de fondos públicos que realiza o presidente Manuel Baltar

AVANTAR ACTIVIDADES

Fernández Blanco destacou que a acción emprendida polos deputados ourensáns é ” importantísima, xa que reivindican que os fondos se repartan seguindo criterios baseados na xustiza e a equidade”

Os deputados e deputadas provinciais do PSdeG-PSOE de Ourense continúan coa peregrinación a Madrid baixo o lema “un millón de pasos por Ourense”. Tras unha primeira xornada na que percorreron a xeografía ourensá, o grupo provincial socialista penetrouse na provincia de Zamora, onde foron recibidos en Puebla de Sanabria polo goberno municipal, encabezado polo alcalde José Fernández Blanco, e secundado polo concelleiro e deputado provincial, Manuel Antonio Santiago Sánchez e a concelleira socialista, María Teresa Puertas Muñoz.

No recibimento diante do castelo de Puebla de Sanabria, participaron o secretario provincial e portavoz socialista na Deputación, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada e alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; e a deputada e tenente de alcaldesa de Verín, Rosario Rodríguez. Os representantes do PSdeG-PSOE de Ourense aproveitaron para conversar cos seus homólogos sanabreses sobre a situación que se vive na provincia de Ourense, gobernada desde hai décadas pola familia Baltar e na que a repartición xusta, equitativo e obxectivo de fondos públicos que realiza a Deputación de Ourense é totalmente inexistente.

O alcalde de Puebla de Sanabria, José Fernández Blanco, aproveitou para destacar que “cando escoitamos a palabra caciquil, pensamos que noutras provincias óese como algo moi afastado, pero en provincias como Ourense ou Zamora segue existindo esa maneira de gobernar”. O rexedor sanabrés tamén apuntou que é moi “escéptico” co funcionamento das deputacións provinciais, e máis “cando falo cos deputados provinciais de Ourense e cóntanme a forma de actuar da institución”. O alcalde fixo fincapé en que “se calquera alcalde ou alcaldesa de Ourense ou Zamora pecha os ollos e pensa en que fixeron ambos os organismos provinciais polos seus pobos, daranse conta que moi pouco ou case nada”.

Fernández Blanco destacou que a acción emprendida polos deputados ourensáns é ” importantísima, xa que reivindican que os fondos se repartan seguindo criterios baseados na xustiza e a equidade”. O alcalde de Puebla de Sanabria aproveitou tamén para lembrar que os presidentes provinciais “reciben os fondos doutras administracións de forma xusta e deben repartilos seguindo os mesmos criterios de equidade que lle reclaman a outras administracións”. Por último aproveitou para dar ánimo, apoio e solidariedade aos membros do PSdeG-PSOE de Ourense e desexarlles un “bo camiño”.

Pola súa banda, a deputada provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rosario Rodríguez Delgado, quixo manifestar o “agradecemento” dos socialistas ourensáns á boa acollida recibida en Poboa de Sanabria, destacando que “nos dan moito ánimo para seguir coa loita que iniciamos onte”. A verinesa tamén aproveitou para sinalar que “reivindicamos unha repartición xusta dos fondos públicos e outra maneira de gobernar, que actualmente non é a correcta por parte do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar”.

Rodríguez Delgado fixo fincapé en que “cidadáns somos todos e Baltar tense que dar de conta que non pode repartir os fondos a dedo como está a facer e leva facendo moitos anos”. Por último, expresou o seu desexo de que “todo o país coñeza esta repartición caciquil levada a cabo polo señor Baltar” e trasladou que espera que “o presidente da Deputación de Ourense tome boa nota e cambie a súa forma de actuar”.

Audio José Fernández 
https://drive.google.com/file/d/1jHdrINzRpiQ5O6p4YmjVRkVkRxpTdCW_/view?usp=sharing

Vídeo José Fernández
https://drive.google.com/file/d/10KSydGMHDHXbDgjtLaFRggbqX9OLqgue/view?usp=sharing

Audio Rosario Rodríguez
https://drive.google.com/file/d/1yaLqAL2f-jteWpujNMm9SwAwUP3piHkX/view?usp=sharing

Vídeo Rosario Rodríguez 
https://drive.google.com/file/d/108PNLDbgtTet1dGWMVLTLQ4uFCNCad0h/view?usp=sharing

También adjuntamos vídeo recurso de los diputados provinciales de Ourense durante varias etapas del camino.
https://drive.google.com/file/d/11uwz_HTV42v7uyb5_fc_JaoF3OJnDAa4/view?usp=sharing