A Xunta investirá preto de 900.000 euros na rehabilitación integral do Ceip de Mariñamansa

IES CHAMOSO LAMAS

O delegado territorial da Xunta Gabriel Alén visitou esta mañá o centro escolar

  • O delegado territorial explicou que as obras teñen por obxecto conseguir un menor gasto enerxético e unha mellor e máis cómoda estancia dentro del, así como a mellora das instalacións deportivas e os accesos ao edificio
  • Gabriel Alén tamén subliñou que a Xunta inclúe máis de 12,3 M € entre os seus orzamentos para o ano 2022 destinados a executar obras en materia de educación e cultura na cidade e provincia de Ourense
  • O representante do Goberno galego salientou que en entre os grandes proxectos que se levarán a cabo están a rehabilitación Integral de tres centros educativos na cidade de Ourense (CEIP Mariñamansa, IES Blanco Amor e IES As Lagoas); así como o Centro Galego de Innovación da FP en colaboración coa Deputación Provincial

HIPER MASIDE

– O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegouse esta mañá ata o CEIP de Mariñamansa para anunciar a sinatura da acta de replanteo, previa ao comezo das obras de rehabilitación integral do centro escolar por un valor de 861.776,47 euros, cun prazo de execución de 5 meses, e que teñen por obxecto conseguir un menor gasto enerxético e unha mellor e máis cómoda estancia dentro del, así como a mellora das instalacións deportivas e os accesos ao edificio.

O delegado territorial explicou que esta actuación consistira no forrado da edificación con illamento térmico polo exterior; na substitución das fiestras existentes por outras con rotura de ponte térmico, incluíndo vidreira e persianas; a colocación de novo falso teito; a substitución das luminarias existentes por outras de maior eficiencia e o pintado de despachos, sala de profesores, secretaría, comedor, salón de actos, zonas comúns e aulas.

As obras contemplan tamén a colocación de novo chan vinílico antideslizante nas aulas e a instalación de novas portas en Educación especial 2-3-4 e música. Tamén se acondicionará a pista polideportiva, a sala de caldeiras e se reformará os exteriores do centro.

Investimentos en educación e cultura na cidade e provincia de Ourense

A Xunta inclúe máis de 12,3M € entre os seus orzamentos para o ano 2022 destinados a executar obras na provincia de Ourense. Compre logo dunha década de posta en marcha de proxectos específicos, dar un salto cualitativo cara a excelencia, e os orzamentos deste ano, en palabras de Gabriel Alén, “proporcionan as ferramentas para acadar este reto, como a Estratexia de Educación Dixital 2030, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o Plan de Linguas, o Plan de modernización da FP ou a Estratexia de Inclusión e Atención á Diversidade para os vindeiros anos”.

Entre os grandes proxectos que se levarán a cabo, o delegado territorial salientou a rehabilitación Integral de tres centros educativos na cidade de Ourense (CEIP Mariñamansa, IES Blanco Amor e IES As Lagoas), a licitación do proxecto de ampliación para distintas familias profesionais do CIFP A Carballeira  (50.000€) e as obras de conservación na Catedral de Ourense 200.000€. O delegado territorial puxo énfase no proxecto do Centro Galego de Innovación da FP no que Xunta e Deputación invisten un total de 10M de euros e que converterá nun centro educativo de referencia a nivel autonómico.

No resto da provincia, Gabriel Alén subliñou a rehabilitación Integral do CPI Padrenda-Crespos en  Padrenda  (591.473,97€); rehabilitación Integral do CEIP Manuel Respino da Rúa (534.357,73€);. Tamén se desenvolverán obras de restauración e conservación en: Pontepedriña, Celanova: 175400€; na igrexa de S. Pedro de Moreiras. Toén: 130874€; na igrexa Macendo, Castrelo de Miño: 40.000€; na Igrexa S. Xiao de Lobios: 160.000€; en Santo Estevo de Ribas de Sil: 300.000€; no Santuario As Ermidas: 300.000€; no Camiño Real no acceso á fortaleza de Monterrei (491.183,33€).