O público xa pode reservar entradas para o concerto do grupo Tequila no Auditorio

O público que desexe ver en directo ao grupo rock Tequila o próximo día 22 en Ourense xa pode reservar no sitio web Ataquilla.com as entradas, totalmente gratuítas, para o concerto que se celebrará no Auditorio municipal a partir das 22.00 horas, coa apertura do recinto trinta minutos antes do inicio do espectáculo. 

O concerto de Tequila forma parte do programa de actividades que se desenvolverán do 19 ao 23 de novembro con motivo da Mobile Week Ourense. Un espectáculo no que a música e a tecnoloxía permitirán crear un evento interactivo, onde o público poderá expresar e compartir as súas emocións e experiencias en tempo real a través dunha pantalla e do hashtag #saltaconmigoOurense. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Tequila non abandoará os escenarios sen actuar por primeira vez en Ourense, xa que o espectáculo que ofrecerá no Auditorio será  o seu penúltimo concerto en España, dentro da xira “Adiós Tequila Tour” que a banda rematará dous días máis tarde, o mércores 24, Wizink Center de Madrid. 

A Mobile Week, iniciativa promovida por Mobile World Capital Barcelona, e que en Ourense organiza a Deputación e maila asociación Red Mundo Atlántico, celebrarase en diversos escenarios da provincia nunha intensa axenda con máis de 40 actividades para achegar a tecnoloxía á cidadanía, participando en obradoiros de dixitalización, comprobando a relación da tecnoloxía co cine e a arte, axudar a viralizar espazos naturais da provincia ou visitar Ourense desde calquera recuncho do mundo.