A moza agredida no Carballiño regresa á casa a terminar a súa recuperación

Nuria, a moza agredida o pasado 9 de setembro no Carballiño por un amigo, alegando que “quería saber o que se sentía ó matar”, xa está na súa casa, pero segue recuperándose. Nuria pasou 40 días na UCI do Hospital de Ourense, con graves lesións, que fixeron temer pola súa vida en numerosas ocasións.

A pesar de que foi dada de alta nos últimos días, aínda está pendente de recibir atención nun centro de neurorehabilitación, no que se tratarán as secuelas que aínda sofre logo do acontecido. Nuria foi agredida cunha pata de cabra na cabeza, e caeu ó vacío dende un segundo piso.

AVANTAR ACTIVIDADES