Almudena Alberca, premio “Muller e Viño” da D.O. Ribeiro 2021

Federico Pérez, protagonista de “Cuñados” e a xornalista Montse Estévez conducirán esta Gala especial de X aniversario que se celebrará no Auditorio Municipal de Ourense, o próximo 25 de novembro

A primeira muller española en obter o prestixioso título de  MasterofWine recibirá este ano 2021 o premio “Muller e Viño” da D.O. Ribeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Únese así ao elenco de galardoadas en anos anteriores: Esther Daporta, sumiller do restaurante  YayoDaporta (2020), Isabel  Mijares, enóloga, química e escritora (2019),  Sonia  Prince de  Galimberti, presidenta da Asociación de Mujeres Amantes de la Cultura del Vino AMAVI (2018),  Mónica Fernández, directora de sala e sumilelr dos restaurantes do Grupo Bambú (2017); e Mayte Santa Cecilia, directora de márketing e de compras das tendas Bodega Santa Cecilia, na edición de 2016, primeiro ano no que se concedeu este galardón.

AlmudenaAlberca, a primeira muller MasterofWine española

Almudena Alberca naceu en Madrid e creceu en Salamanca. É licenciada en Enoloxíapola Escola Técnica Superior de Enxeñerías Agrarias de Palencia (Universidade de Valladolid), ondetaménestudou a especialidade universitaria en Viticultura e a titulación en Enxeñería técnica agrícola.

Desde o ano 2015 é a directora técnica de Bodegas Viña Mayor (Quintanilla de Onésimo, Valladolid).

Confesa que o seu amor polas vides, as uvas e as botas xestouse tras as súas dúas primeirasvendimas. A primeira en 2003, cando empezou como axudantenunhaadega de Zamora, tras o que pasou un ano en Nova Zelandia, experiencias que lleaxudaron a descubrir que o que máislle gustaba era ser enóloga.

En 2018 recibiu o título MasterofWine, o máis prestixioso e difícil de obter dentro do mundo do viño, que outorga o InstituteofMastersofWine, con sede en Londres. Foi a primeira muller española en recibir o devandito título. Tamén posúe o nivel 3 doutro título de gran prestixio dentro do mundo do viños e as bebidas  espirituosas como é o  WSET, que outorga o  WinesandSpirits  Trust de Londres.

Unha gala de reencontros

Unha ocasión moi especial, como é a celebración da décima edición destes consolidados galardóns, terá tamén unha celebración diferente. Despois de que o pasado ano 2020, por mor da pandemia, estes premios entregásense nun evento en liña, no que participaron en directo un reducido número de persoas, nesta ocasión moitos amigos da D.O. Ribeiro poderán asistir  presencialmente a este acto tan sinalado.

Na gala coñeceranse os mellores viños brancos e tintos, de adega e de  colleiteiro, da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Ademais entregaranse os premios “Mellor servizo de viño en restaurante”, “Tenda especializada –  viñoteca” e “Taberna – bar de  viños”, ademais de “Mellor labor de comunicación”, “Vida entre Vides”, “ Persoeiro de Honra”, e unha nova categoría “Ribeiro entre  nós”

ABANCA colabora, un ano máis, na organización destes Premios D.O. Ribeiro, que se entregarán no transcurso da gala, conducida polo actor Federico Pérez e a xornalista ourensá Montse Estévez.