O BNG considera gravísimas as acusacións verquidas por un asesor de Jácome nas que acusa a traballadores do concello de “caprichos pederastas” e urxen explicacións

O Grupo Municipal do BNG considera as acusacións verquidas a través de redes sociais dunha gravidade extrema e pide explicacións sobre a veracidade das mesmas

Para o concelleiro Luis Seara “o actual Goberno Local caracterizouse por insultar e menoscabar a profesionalidade de funcionarios e funcionarias máis as acusacións de hoxe son un paso que vai moitísimo máis alá pois falamos da comisión dun delito moi grave”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para os nacionalistas ao non personalizar coa acusación, o asesor de alcaldía, “sembra a dúbida sobre todo o funcionariado do concello, algo que menoscaba a súa credibilidade mais tamén a da propia institución que por desgraza xa está bastante en entredito por mor das manifestacións e comentarios reiterados no tempo do propio Goberno Local”.

O BNG solicita que con carácter inmediato o asesor que formula a denuncia pública acuda á fiscalía se ten probas e constancia do que está dicindo, lembremos, un suposto delito de pederastia, “aínda que ven podía ter acudido á mesma antes de facelo público a través das redes sociais e favorecer así que os presuntos culpábles estén sobreaviso e mesmo poidan destruir probas, de ser certo o que di”.

De non ser certas as acusacións verquidas, “o alcalde xa está tardando en saír públicamente e dar as explicacións precisas. Estamos a falar de cousas moi serias e moi graves, non todo vale”.