O BNG mantén a súa posición e non participará da Xunta de Portavoces de mañá martes

Tal e como anunciaron a semana pasada, non participarán deste “mercado” no que Jácome pretende converter o concello

Ante a convocatoria dunha Xunta de Portavoces promovida pola alcalde Gonzalo P. Jácome para este martes 16 de novembro e na que a orde do día versará sobre as asignacións aos Grupos Municipais e o novo modelo que o rexedor tenta impor, o Grupo Municipal do BNG, tal e como xa anunciou a semana pasada, non participará en dita xuntanza.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concelleiro Luis Seara deixa claro unha vez máis que “non imos participar desta sorte de mercado no que o alcalde pretende converter o concello”, ao que engade, “estamos ademais radicalmente en contra dunha proposta que supoña elevar o gasto, como é este caso, do persoal eventual”.

Outro dos argumentos esgrimidos polos nacionalistas ten que ver coa viabilidade da proposta desde o punto de vista legal xa que “para nós ten dubidoso encaixe”.