O Carballiño destinará 360.000 euros á reforma integral de sete rúas

O Concello do Carballiño destinará unha partida de 359.743 euros ao proxecto de reforma e mellora das rúas Daniel Castelao, Piñor, Cea, Paraño, San Trocado, Buenos Aires e Serra Martiñá. A intervención nestas rúas forma parte dun plan integral que se promove directamente dende o Concello.

Os traballos previos inclúen accións como o corte do pavimento, previo á demolición ou fresado; demolición de pavimentos, asfalto, baldosas e soleiras de formigón; excavacións e apertura de zanxas en terreos compactos ou en terra e outro tipo de actuacións, coa correspondente retirada e transporte de residuos a un vertedeiro autorizado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con estas intervencións contribuirase a renovar, mellorar e acondicionar as sete rúas en base ao proxecto que promoverá o Concello do Carballiño. Iniciativa que, como se sinalou con anterioridade, forma parte dun plan integral de mellora dos espazos públicos e viais do municipio.