Podemos propón o entorno da estación de tren para o novo centro de saúde

Cando se busca a ubicación de un centro de saúde hai varios factores que se deberían ter en conta xa non só de cara a situación do ou dos solares onde o mesmo se vai ubicar, senón tamén outros que non son tal vez tan evidentes á hora de facer esta elección.

O tecido urbán e social de cada barrio da nosa vila sería un de eses factores. Cada rúa, cada barrio é distinto en función da tipoloxía edificada e na estructura dos espazos libres que o compoñen. Outro factor a ter en conta é o transporte público e privado de cara achegarse ao centro. A conectividade é algo que cobra especial importancia xa que permitirá o acceso ao noso centro de saúde a todos os colectivos, independientemente de que o transporte se faga en vehículos privados ou se utilice o transporte público. E o factor máis determinante e que non debemos descoidar é a morfoloxía propia do terreo onde se vai construir o centro de saúde. As dimensións, a topografía, a orientación, etc son cuestións a ter en conta.

AVANTAR ACTIVIDADES

Polo exposto, dende o Círculo de Podemos no Carballiño fan esta achega de proposta ao Alcalde da Corporación Municipal de o Carballiño para a ubicación do novo Centro Integral de Saúde do Carballiño, atendendo á proposta feita pola Consellería de Sanidade e as especificacións da mesma: zona edificada de 4.500 metros cadrados, 22 consultas, área de infecciosos, toma de mostras, PAC con 6 consultas e 3 consultas no COF, entre outras.

Consideran que os terreos ubicados próximos a estación de tren reunen os requisitos necesarios para ubicar o novo Centro Integral de Saúde. Concretamente están a falar de duas parcelas, unha de 1.590 metros cadrados, actualmente de titularidade municipal con referencia catastral 6883003NG7968S e outra de 5.803 metros cadrados con referencia catastral 6883002NG7968S e cuxa titularidade é de ADIF.

Solicitando a cesión de dito solar a ADIF, ou unha posible compra ou permuta, conxuntamente coa parcela que xa é de titularidade municipal se complementa un solar de uns 7.393 metros cuadrados, espacio suficiente para a creación do Centro Integral de Saúde e de entre unhas 70-100 prazas de aparcamento (incluindo zona para ambulancias e prazas para persoas con movilidade reducida) e que entraría dentro das especificacións marcadas pola Consellería de Sanidade.