O Ribadavia Atlético perde tres días de adestramento por falla de campo e sen previo aviso

Dende o equipo de fútbol Ribadavia Atlético critican que o concello de Ribadavia os deixou sen instalacións este luns, martes e mércores. Aseguran que o fixeron sen antelación e sen ofrecerlles outra alternativa para a súa práctica deportiva. Aseguran que pediron utilizar o campo máis próximo, o do Francelos, pero que a resposta foi que non é de titularidade municipal. Dende o Ribadavia Atlético preguntan por que, se é así, reciben subvencións e melloras do concello.

Destacan tamén que o goberno lles ofreceu unha subvención de 4.000€ este ano. Logo de asinar o convenio, as bases solicítanlles xustificar o 100% mediante facturas da limpeza e desinfección de vestiarios e baños, control de redes, duchas, etc. Algo que consideran infactible porque é realizado por membros da directiva do clube xa que no caso de ter que realizar subcontratas este presuposto sería insuficiente.

AVANTAR ACTIVIDADES