O Carballiño mantén a estabilidade subindo un caso ata os 8 casos activos

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca do Carballiño mantén hoxe 12 (=) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe un contaxio, ata os 8 casos activos. Boborás conta cun so contaxio. Maside, conta con dous. E San Cirstovo de Cea, que conta cun so contaxio.

A comunidade galega rexistra hoxe 214 contaxios, un ritmo de novos positivos que case se duplica. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.540, preto dous centenares máis nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 11 (+1) están en UCI e 49 (+3) en unidades de hospitalización.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 53 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 365 casos activos, 43 máis ca onte. Os hospitais hoxe presentan 13 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.