O Cine de Leiro proxecta esta fin de semana o filme de terror “Antlers”

O Novo cine de  Leiro actualiza, como cada semana, a súa carteleira. Neste caso trátase do filme recén estreado “Antlers”. En Antlers, unha pequena cidade de Oregón, unha profesora e o seu irmán, o xerif local, comezan a investigar a conduta dun estudante misterioso e distante. A medida que o coñecen, descobren que o mozo esconde un perigoso segredo.

Poderase ver este venres, sábado e domingo, en sesións ás 16:00 horas, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas. O luns e xoves próximos poderase ver ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO