O concello de Leiro proxecta a creación dunha área de autocaravanas

O concello de Leiro anuncia unha serie de melloras enfocadas en potenciar o turismo de cara ó ano próximo. Nos orzamentos do ano 2022 contémplanse algunhas actuacións como o remate da praza de San Clodio, comezado xa uns meses atrás. O goberno local tamén traballará en melloras para a área recreativa de Pena Corneira, proseguindo as actuacións deste ano.

Como proxecto principal, o concello traballa no proxecto para a creación dunha área de autocaravanas completa. A necesidade deriva do aumento de presenza deste tipo de turismo logo da época de pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO