O obxectivo da actuación é conectar estes núcleos de poboación coa depuradora municipal, xa que na actualidade contan con redes de saneamento que conflúen en fosas sépticas cuxo funcionamento é deficiente
A intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado entre Augas de Galicia e o Concello de Avión o pasado mes de abril
Un total de catro empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e San Vicenzo, no concello de Avión, que foron licitadas por importe de máis de 166.000 euros.
A actuación proxectada pola Xunta ten como obxectivo conectar as redes de saneamento destes dous núcleos co colector xeral de Avión, xa que na actualidade contan con redes de saneamento que conflúen en fosas sépticas cuxo funcionamento é deficiente.
As obras enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Avión o pasado mes de abril.
En virtude do citado acordo, a Xunta asume o 80% do investimento total, ademais de levar a cabo a contratación da execución, dirección e xestión das obras. Os traballos contan cun prazo de execución estimado de 4 meses.
Pola súa banda, o Concello de Avión contribuirá ao financiamento do 20% restante, ao tempo que asume a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.
A intervención será financiada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta de la Unión á pandemia da covid-19.
As actuacións
Esta actuación dá continuidade ás obras realizadas no ano 2013 pola Xunta, coa execución de dous colectores xerais nos núcleos de Avión, Cendóns e Beresmo e dunha nova depuradora para 1.250 habitantes equivalentes, que supuxo un investimento de preto de 830.000 euros.
As obras recollidas no contrato licitado inclúen a execución dunha rede de conexión ata a citada depuradora de Avión, xa deseñada no seu día para atender tamén á poboación deste dous núcleos do municipio ourensán.
Os traballos consisten na construción de dous tramos de colectores de PVC cun diámetro de 315 mm e unha lonxitude total de algo máis dun quilómetro. A actuación permitirá dar servizo a unha poboación de 94 habitantes para o ano horizonte 2045.
A Xunta, a través de Augas de Galicia, mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local
VIDEO SPOT AVIÓN en BADAL TV