Ribadavia inaugura a Casa do Maior para as familias que teñan dependentes

IES CHAMOSO LAMAS

O proceso botou a andar no pasado mes de xuño cando o Concello de Ribadavia adoptou a decisión de ceder as súas instalacións para ubicar este novo servizo de Casa do Maior, que se atopa na planta baixa do mesmo edificio da Galiña Azul.

Comezará con cinco prazas e estará destinado a persoas con dependencia, ubicada no complexo do Colexio da Alameda, na rúa Carlos Casares.

HIPER MASIDE

O Concello colabora neste novo servizo como aposta pola conciliación en Ribadavia, con aquelas familias que teñen algún dependente. Desde o Concello, a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, asegurou estar “moi satisfeitos pola creación e oferta deste novo servizo que non existía en Ribadavia”.

Desde os servizos sociais do Concello de Ribadavia realizarán labores de información a todas as familias interesadas, coordinándose coa responsable do servizo da Casa do Maior, que será Lorena Gándara. Todas as persoas interesadas poderán solicitar información no Concello de Ribadavia.

Será un servizo gratuíto para as familias, e terá un horario de 8h a 16h, sendo opcional reducir a xornada e a comida, que terá un custe extra de 5 euros.

Na primavera o Concello de Ribadavia tomaba a decisión de apostar pola creación deste servizo, que defende como o primeiro paso do que debe ser o futuro dun novo centro de día no noso municipio. Unha reivindicación que desde o Concello manteñen como prioritaria, e coa certeza de que esta Casa do Maior demostrará que o servizo de dependencia e conciliación debe ser unha prioridade de todas as Administracións para Ribadavia.