A Xunta estuda recuperar o certificado covid para a hostalaría ou eventos en interiores

Ante a preocupante evolución epidemiolóxica da comunidade Galega, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou unha serie de medidas que se comezarán a implantar para frear o incremento de casos. A Xunta de Galicia, e a consellería de Sanidade anunciaron o incremento dos cribados, secuenciando o virus en todos os casos. Ademais, están valorando esixir o certificado covid tamén na hostalería e nos eventos masivos en interiores.

Sobre a dose de reforzo, o presidente da Xunta mostrouse crítico coa dose para maiores de 60 anos, anunciada polo Goberno, e que está sendo “validada” pola Comisión de Reforzo. Anunciou que Galicia “non se opón”, pero reclamou ao Goberno “un protocolo” que marque prioridades e un calendario.

AVANTAR ACTIVIDADES