Moción do PP sobre a Plusvalía

Ricardo J. Perea Fernández, en representación do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO DO CARBALLIÑO, ó abeiro do disposto no artigo 27 do Regulamento de Organización Municipal, presenta ante o Pleno da Corporación, a seguinte MOCIÓN para o seu debate e aprobación no próximo Pleno que se celebre:

MOCIÓN PARA QUE SE REDACTE UNHA NOVA ORDENANZA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

AVANTAR ACTIVIDADES

A Sentencia do Tribunal Constitucional do 26 de outubro pasado declarou a inconstitucionalidade e nulidade dos artigos 107.1 segundo parágrafo, 107.2.a) e 107.4 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo), relativos ao método de cuantificación da base impoñible da plusvalía municipal. Isto supón, na práctica e referido o Concello do Carballiño, a nulidade dos artigos 8 a 12 da Ordenanza Fiscal nº 35, vixente no Carballiño.

Para solucionar esta cuestión o goberno central ven de aprobar o Real Decreto-Ley 26/2021, no que, en síntese, fíxanse dous novos métodos de cálculo para a base impoñible do imposto. Esta norma entrou en vigor o pasado día 10 de novembro, sendo polo tanto de aplicación automática no noso Concello.

Sen embargo, esta aplicación automática do Decreto Lei vai supoñer, na práctica, unha multitude de problemas que a dia de hoxe aínda non teñen unha solución clara, e que se derivan fundamentalmente da posibilidade de optar entre dous métodos de determinación da base impoñible: un que parte dos valores catastrais e outro que contempla a plusvalía real do solo, como comparación entre o valor de adquisición e o valor de transmisión no que se escritura, sen prexuízo da posibilidade de comprobación de estes valores pola administración. Estas novas posibilidades sen dúbida afectarán a xestión do imposto, e pode dar lugar a presentación de reclamacións contra o Concello.

Xa que está pendente de aprobación definitiva a modificación introducida nesta ordenanza fiscal, este grupo xa solicitou, vía alegación, a derrogación da ordenanza en tanto non se solucionen os problemas que vai xerar a súa aplicación tal como queda redactada tras a modificación feita polo RD-L 26/2021. Esta solución segue a parecernos a mais axeitada para evitar eses problemas.

Pero, en todo caso, hai que salientar que este decreto-Lei ordena ós Concellos modificar as súas ordenanzas fiscais no prazo de seis meses a contar desde o 10 de novembro pasado, e mentres non o fagan, terán a obriga de aplicar os coeficientes máximos que se fixan no RD-Lpero, no caso de modificar a ordenanza como manda a Lei, os Concellos poderán aplicar un coeficiente redutor sobre o valor catastral dos terreos de hasta o 15% do seu valor.

Así pois, entendemos que o mais axeitado sería derrogar a ordenanza hasta o momento no que se poida aprobar unha nova, na que se solucionen os problemas prácticos que a aplicación da normativa vai xerar, e por outro lado, na que se aprobe esa redución do 15% nos valores catastrais que a Lei permite, rebaixando así a presión fiscal sobre os veciños. Non se pode esquecer que o imposto da plusvalía e voluntario para os concellos, e que non existe obriga ningunha de telo vixente.

No caso de que polo Concello se considere necesaria a existencia de este imposto, como ven ocorrendo, esta derrogación obrigaría ademais o Concello a axilizar a redacción da modificación que manda a nova lei, se quere que non se reduzan os seus ingresos indefinidamente; noutro caso estaríase dando unha situación inxusta para aqueles veciños que verán incrementado o importe do imposto simplemente porque o Concello non e áxil a hora de cumprir coa lei.

E polo que se somete a votación do pleno os seguintes acordos:

PRIMEIRO: Derrogación da ORDENANZA N.º 35, Reguladora Do Imposto sobre o incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, Natureza do Imposto e Feito Impoñible.

SEGUNDO.- Que, de considerarse necesaria a implantación de este imposto no Concello do Carballiño, se requira dos servicios técnicos do Concello a redacción dunha nova ordenanza municipal, na que se recollan as solucións aos problemas que a nova regulación estatal trae consigo e na que se aplique tamén a redución sobre o valor catastral do solo do quince por cento que permite a norma.