O Carballiño recibe o premio Vilas en Flor pola dedicación e conservación do patrimonio vexetal

Allariz e O Carballiño foron a representación da provincia de Ourense entre unha trintena de concellos de toda Galicia que se presentaron á cuarta edición de Vilas en Flor, un certame promovido pola Fundación Juana de Vega no que se valora a xestión, recuperación e promoción de espazos verdes en concellos de menos de 40.000 habitantes.

Carballiño conta cun importante patrimonio natural, que representa 38 metros cadrados se superficie verde por cada habitante. Por toda a dedicación, o Carballiño conseguiu o recoñecemento de dúas flores de honra. O xurado tamén valorou o “gran interese” mostrado polo Concello polo seu parque municipal, que se atopa en “moi bo estado de conservación”. Ademais, a Administración local vai solicitar un estudo das árbores.

AVANTAR ACTIVIDADES