ACEGA presenta o seu novo recetario “ Receitas Sen Glute con moito gusto”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) presentará o seu novo Recetario de Cociña o próximo martes23 de novembro as 19.00 horas no Hotel “ Oca Puerta del Camino” en Santiago de Compostela, na que ademais da Xunta Directiva de ACEGA estarán presentes todo o equipo participante no recetario,así como algúns Chefs dos Hoteles OCA e Pablo Vila, Director de Alimentación y Bebidas de Hoteles OCA España

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha das consultas mais recorrentes que nos fan en ACEGA é a busqueda de receitas seguras sen glute, xa a dieta sen glute é o único tratamento para a enfermidade celíaca. Dende a asociación, levamos mais de 30 anos orientando aos celíacos sobre como realizar unha dieta sen glute correcta e cremos que este receitario, que mandaremos de forma gratuita a todos os nosos mais de 2000 socios será todo un descubrimento e unha gran axuda, xa que contarán con mais de 50 receitas recopiladas ao longo do tempo por varios socios/-as a poder proba- erro ata chegar a un resultado final que é o que se ve reflectido neste receitario, ademais conta con varias receitas dalguns dos chef dos nosos locais asesorados, así como a participación de varias marcas comerciais, como son Carretilla, Schar, Airos, Torre de Núñez, Gullón.

Sobre ACEGA
A Asociación de Celíacos de Galicia (celiacosgalicia.es) , somos unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola Enfermidade Celíaca e Dermatite Herpetiforme.
Agrupa con carácter voluntario a celíacos, os seus familiares e atodos aqueles enfermos cuxo tratamento esixa manter unha dieta sen glute, a fin detratar as solucións máis idóneas aos problemas de tipo social, psicolóxico e técnico que poden presentarse como consecuencia da súa condición.
Contamos con case 2.000 asociados en toda Galicia. Sábese que entorno ao 2% da poboación de Europa é celíaca, pero aínda así, debido ao difícil diagnóstico e ao gran descoñecemento desta patoloxía, o 75% destes están sen diagnosticar.
É por elo que dende ACEGA buscamos sensibilizar á poboación e ás administracións públicas sobre a problemática que se deriva da enfermidade celíaca e mellorar así a calidade de vida das persoas celíacas favorecendo a súa integración social con distintas actividades e formacións.
Ofrecemos varios servizos, tanto aos socios coma á sociedade en xeral, sendo algúns deles a información e asesoramento ao celíaco recentemente diagnosticado, a publicación anual dunha Lista de Alimentos e a aplicación móbil, actividades de convivencia e encontros entre asociados, desenrolo do programa Restauración En Galicia Sen Glute, actividades de difusión, información e concienciación á poboación xeral e a colectivos de interese, tales como sanitarios ou restauración, entre outros.