AGACA imparte cursos en liña sobre oportunidades de negocio e certificacións de calidade

IES CHAMOSO LAMAS
  • O taller gratuíto “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que se celebrará en liña, consta de 5 sesións. Comeza o día 24 de novembro.
  • O taller gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” desenvólvese nunha plataforma de formación con acceso 24horas, entre o 1 de decembro e o 14 de xaneiro.
  • A inscrición efectúase en www.agaca.coop.

O vindeiro mércores, 24 de novembro, comeza o taller “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que é en liña e  gratuíto.  

Desenvólvese en 5 xornadas (en novembro, os días 24, 26 e 29; en decembro, o día 1 e o 3, sempre de 10:00 a 13:00 h.): importancia social e económica do emprendemento, oportunidades de negocio, elaboración do plan emprendedor, fórmula cooperativa e axudas públicas e xeración de ideas.

SPORTUR GALICIA 2022

Por outra banda, o 1 de decembro comeza un taller de teleformación titulado “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” que termina o 14 de xaneiro.

Realízase nunha plataforma en liña de formación e o alumnado pode acceder aos contidos en calquera momento, ata completar as tres unidades temáticas:  Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO,  GLOBALG.A. P.,  BRC/IFS e vacún de leite) e Certificacións de calidade ambientais (ISO, análise de ciclo de vida e pegadas de carbono e hídrica). A duración estimada é de 70 horas.

As persoas interesadas en calquera dos dous cursos poden matricularse en www.agaca.coop e pedir información no 981 58 47 83.

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) imparte estes cursos, que se enmarcan na programación 2022 da  Rede  Eusumo. A  Rede  Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con  financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.