Os Documentos: ” Video do ano 2003. Carballiño manifestase por unha mellor sanidade”

Hai un tema de actualidade no Carballiño: O emplazamento do novo Centro de Saúde que vai construir a Xunta.

Aínda que a ubicación do mesmo ten a súa importancia tamén o ten a configuración do mesmo e ver que servizos vai prestar o novo centro.

AVANTAR ACTIVIDADES

No ano 2003 no mes de xaneiro o pobo de Carballiño mobilizouse de forma importante para reivindicar melloras na sanidade pública. Houbo sectores que pediron un centro de especialidades, ou un hospital comarcal.

Aquelas mobilizacións estuveron encabezadas pola Federación de Asociacións de veciños.

Desgraciadamente non fai moito que a Federación xa non existe e as asociacións de veciños van camiño delo.

Dos arquivos de Badal Novas rescatamos un video que aínda que non ten son permitenos ver as dimensións das mobilizacións.

Adxuntamos tamén un documento da Voz de Galicia onde daba conta das mesmas